"O vello mundo morre. O novo está
demorando en chegar. Mentres, nese claroscuro, xorden os monstros." A.
Gramsci
Máis umha vez todos ganharon. Iso si, desta volta os
sorrisos aparecían máis conxelados do acostumado. As estruturas de corte máis
tradicional están a darse conta (cicais un pouco tarde) de que o proceso
revolucionario é umha realidade que pode levar por diante algúns chiringuitos
que pensabamos inamovibles, deixando fóra de xogo aos profisionais da política
e da xestión pública.
Estes son -á penas- os primeiros
resultados da mudanza radical que precisa umha sociedade antropófaga e pérfida
que non dubida en entregar a vida dos seus fillos en troques dumha aplicación
máis no seu smart. Aínda está por ver como van xestionar os resultados as novas
forzas políticas que están chegando e demandando o seu espazo. En cualquer
caso, o que cada vez semella máis claro, para ben e para mal, é que se aproxima
umha renovación do mapa político. Fica por saber se será ao estilo
"Príncipe de Salina" que Lampedusa popularizou na súa fantástica obra
Il Gattopardo, ou dun xeito máis "Gramsciano". No primeiro caso, as
estruturas xa están prontas e ao dispor dos novos ocupantes. Seguro que os
poderes fácticos non van ter ningún inconveniente en mudar aos seus
interlocutores, nin siquer en modificar o trato ou os seus costumes sociais.
Espazos de análise hai abondo. Pola
minha parte só quería facer un par de reflexións rápidas sobre os resultados
eleitorais da xornada de onte.
1. A morte do bipartidismo. Umha
necesidade xerada, nomeadamente, polos mass-media é a de imponher etiquetas e
titulares a todo. Neste senso, o título proposto neste primeiro punto, cae por
sí só ante cualquer achegamento analítico dos resultados eleitorais. É certo
que os 2 partidos maioritarios en Espanha sufriron un descalabro como non
lembraban en Xénova e Ferraz; mais, mentres non aparezan novas
"marcas" coas que vestir ao eleitorado dos seus respectivos
espectros, será complicado que deixen de ser as forzas maioritarias. Que vai
ocorrer nos comicios nos que a abstención non rebase o 35% do censo? Parafraseando
a Corneille (que non a Zorrilla):
"Les gens que vous tuez se portent assez bien".
2. Como ficaría o Parlamento galego? Non se pode -por múltiples motivos-
extrapolar os resultados das eleccións europeas a cualquer outras. Pola
natureza das circunscripcións eleitorais de cada comicios, polas candidaturas
presentadas, pola implicación/conhecimento cidadán do espazo político... En
cualquer caso, si debería ter -cuando menos- a mesma utilidade ca un enquérito.
Escoitar a quen non obtén bos resultados nun proceso eleitoral como defende a
trascendencia dun enquérito ou dun debate televisivo non deixa de causarme un
chisco de bochorno. Neste senso, permitinme botar as contas de como ficaría a
cámara galega se os resultados de onte foran para elixir a nova composición do
Pazo do Hórreo. En vermello están os
escanos acadados no ano 2012 (os actuais) e en verde os que resultarían destes
últimos resultados. Dun primeiro
vistazo, chamaría a atención a perda de 6 escanos pola parte do PP (á parte de
ter outros 2 bailando en Ourense e Lugo) e a irrupción dumha nova forza -PODEMOS- que
aínda está por ver se consegue xerar estrutura propia en Galiza. Outro dato
chamativo é a recuperación do PSOE galego, que ve incrementados os seus
sufraxios nun 1%, cicais desbotando máis umha vez a tese sobre a morte do
bipartidismo.
3. Twitter. A rede social que máis
molesta ao stablishment. As forzas políticas que máis están conectando co
eleitor (nomeadamente co novo eleitor) empregan abertamente a rede, conscientes
da importancia da proximidade, da viralidade e da dificultade cada vez maior de
nos enganar con panos quentes.
4. Sorpassos. En todo o continente houbo varios, tanto pola direita como pola esquerda. En Espanha, os máis sonados foron o de Podemos en boa parte das comunidades con IU e o de ERC con CiU, que -por outra parte- se converte na 7ª forza máis votada en todo o territorio estatal, por enriba de Ciudadanos, LPD (EHBildu+BNG) e Primavera Europea (Compromís+Equo), á parte de todas as candidaturas que non acadaron escanos. Segue pendente, e cada vez faise máis urxente, a revisión e diálogo sobre a situación en Catalunya.
5. Composición do PE. Juncker xa
reclamou a Presidencia, mais as aritméticas non encaixan como encaixaban. A
merma en máis de 80 escanos das forzas "tradicionais" conservadoras e
liberais vai dificultar umha elección que aínda non sabemos se será dalgún dos
candidatos postulados ou dalgún outro de quen aínda non sabemos o nome.
Ningún comentario:
Publicar un comentario