A resposta a tal incógnita sería doada de acadar se tiver
lido todo o contido do MUPI, mais a minha deixadez fixo que tiveran que pasar
aínda uns días para descubrir de que trataba aquela publicidade. Foi o venres
pasado cuando -mergullando entre a propaganda do Carrefour, dos servizos de
fontanería e das videntes que ateiga a caixa do portal da minha vivenda- atopei
un folleto informativo coa programación da 17ª edición do Festival de cinema de
Ourense.
Non sabería dicer se a sorpresa que me causou tal
descobrimento foi positiva ou negativa, mais o caso é que xa tinha resposta ás
minhas dúbidas sobre o anuncio do MUPI.
E é que as novas xeneradas ao longo do ano polo concello de
Ourense e o propio OUFF, amén da pésima situación económica do país, concebiron
en min toda umha serie de dúbidas sobre a continuidade do evento. Un festival
que, pouco a pouco, como se dumha morte anunciada se tratara, vai chegando ao
seu fin. Un caminho errático de 17 anos e máis de 1.000 millóns das “antigas
pesetas” (e seguimos co binomio) gastadas nun sector que á penas xerou postos
de traballo na nosa cidade nin conseguiu introducir en Ourense umha identidade
cinematográfica que si se pode percibir noutras cidades con este tipo de
acontecimentos.
Está a piques de celebrarse o acto de clausura do festival e
a desazón que me produce a mala xestión que se ten feito deste evento e o pouco
proveito que lle ten tirado a cidade xa non pode ser maior. Se tiver que opinar
sobre as linhas xerais, serviría perfeitamente o que escribía hai un ano sobre
o mesmo. E cicais ese sexa un dos principais problemas: mentres vemos como
outros festivais (mesmo con menos antigüidade) evolucionan e prosperan co paso
dos anos, o OUFF non deixa de ser umha ferramenta política máis ademáis de
seguir engangrenado en umha situación de querer e non poder, umha festa de
novos ricos.
Vaise esvaíndo. Como a luz escintilante dun cirio que –no
seu ocaso- semella non querer deixar de alumear, malia todos tenhamos a
completa certeza de que rematará por extinguirse. Outra cousa vai ser comparar
a rendabilidade do cirio e máis do festival.
Ningún comentario:
Publicar un comentario