A triste nova desta manhá en Barakaldo púxonos os cabelos como escarpias a máis dun, e non só pola tristura e pola
dor, senón pola raiba e a impotencia de non poder facer nada contra
dos verdadeiros responsables. Porén, non está de máis lembrar que –conforme ao INE- o suicidio é a primeira causa externa de defunción en Espanha,
contabilizándose 9 persoas cada día. Tamén se fai preciso reprobar aos medios
de comunicación (os mesmos que se tenhen manifestado como voceiros das
políticas dun e doutro partido) por ter escollido -máis umha vez- un tratamento sensacionalista da nova, desatendendo as recomendacións que a OMS promoveu no seu día para evitar o
Efeito Werther, suxestións entre as que se atopan a de non
describir os métodos empregados nos suicidios (para evitar o efeito imitación);
non informar do suicidio como consecuencia dumha soa razón ou non tratar ás
vítimas como herois ou mártires (pois pode propagar umha falsa idea sobre o
prestixio social dos suicidas que pode afectar ás persoas máis vulnerables).
A dúbida que me queda agora é saber se na Moncloa e nas Cortes
van agardar a que haxa novos suicidios entre os afectados polas preferentes ou entre
os desempregados para ponherse a traballar
para o pobo que realmente os mantén e a quen representan.
Mentres, eis o comunicado ao respeito da Plataforma de Afectados pola Hipoteca -PAH-
Ningún comentario:
Publicar un comentario