Aínda que as primeiras composicións do hemiciclo carecían de forzas nacionalistas [galegas], algo me fai pensar que o sentimento galeguista afloraba máis na sociedade dos anos 80 que na actual, onde conforme recollía o último enquérito do CIS, incrementábase chamativamente o número de galegos que se manifestan en prol dumha recentralización do Estado a costa da diminución dos que prefiren continuar con un Estado Autonómico como o actual.
Outra vez me venhen á memoria aquelas palabras de Risco cuando dicía que o pobo galego levaba séculos loitando por desaparecer sen conseguilo. E é que non deixa de sorprenderme este ser esquizofrénico que se apodera dos galegos dun xeito atávico e por umha parte nos encolle o corazón cuando lembramos os olores e as cores da nosa terra desde a lonxanía, mentres por outra renegamos da nosa identidade cuando máis nos temos que autoafirmar. Cicais o galego só tenha sitio nos museos do futuro, ao igual ca sumerios ou cretenses, como obxecto de estudo dumha das culturas máis ricas do continente que se foi deixando ir até desaparecer. Cicais entón aprendamos a dicer sen perigo de diglosias nin complexos de ningún tipo que sentimos morrinha de sermos nós mesmos.
Voltando ao tema que me ocupa nesta xornada de reflexión (xa
teremos apartir de manhá muitas xornadas de xenuflexión) e por comezar por algo
positivo, apuntar que a campanha eleitoral pasou sen facer demasiado ruido, o
que sempre é de agradecer pois os ouvidos comezan a estar cansos e feridos de
escoitar improperios, vanalidades e incongruencias. Tamén é de salientar a
ausencia dos grandes mítins que enchían pavillóns deportivos, cada día numha
cidade, para facer conexións ao vivo coas canles de tv. Non sei se esta circunstancia se debe á desafección que a cidadanía
sente polos políticos ou foi a crise quen provocou que os partidos non puideran
mover os mecanismos suficientes para reeditar aquelas fastuosas postas en
escena.
Nunca antes tinhan concorrido tantas forzas políticas con
certas posibilidades, e xa teriamos que nos remontar 2 décadas atrás para
atopar un Parlamento composto por máis de 3 grupos políticos, o que –por máis
que se empenhen os partidos xenerando descrédito- nos debera dar azos á hora de
ir votar escollendo a opción que máis se axeite ás nosas ideoloxías.
O PP, ao que
semellan non afectar as políticas erráticas e incumpridoras do governo de
Madrid, que probablemente nos está metendo na peor crise social e económica da
Historia, ademáis de provocar que se estea prantexando a serio a “ameaza” do
desmembramento de Espanha, predicada como umha letanía con outros governos.
Todo apunta a que repetirá ou mellorará os seus resultados.
O PSOE,
tráxicamente dividido e que aínda non ten solventado como xestionar a súa
remontada despois da pasada hecatombe eleitoral. Probablemente deixe 1 escano
ou máis polo caminho froito desa división que provocará que algúns votantes prefiran outras opcións antes que
darlle pulo ao líder que non queren.
O BNG, a
escenificación propia da ruptura. Umha diverxencia interna que despois de anos
ameazando con romper, atopou a xustificación para este fin no acúmulo de disgustos
e frustracións recollidos en todo este tempo. Contodo, o BNG semella non saír tan perxudicado como algúns auguraban e, malia
o candidato non acada a cumplicidade desexada cos potenciais votantes, todos os
enquéritos falan dun descenso moderado nos seus resultados. Cousa á parte será
cuanto van a atinar as enquisas.
AGE. A traxectoria
á alza de EU a nível estatal, somada
á volta ao panorama político dumha das mentes máis lúcidas que o país ten dado,
fan pronosticar que esta forza monopolice –ademáis dos propios- o voto dos
descontentos e de boa parte do eleitorado que foi deixando de apostar por umha
opción nacionalista galega na última década. Na outra parte está ver como se
xestiona a relación entre a sensibilidade soberanista e a federalista, ademáis
de comprobar como se comportaría a opción con umhas hipotéticas
responsabilidades de governo.
CxG. Cicais a
grande decepción. Se realmente senten o compromiso polo seu país, os seus
horizontes deben estar para alén duns bos resultados nesta convocatoria. Galiza
precisa dun espazo galeguista no centro direita, que ficou ermo desde aquel
intento frustrado dos coagas con Barreiro á frente. Un dos seus pontos
fracos sería a diversidade de sensibilidades que conforman o novo partido.
SCD. A irrupción
de Mario Conde nas eleccións galegas
cual paracaidista a mercede do vento veu a suponher para uns a alternativa
precisa na direita liberal e para outros umha clara mostra da decadencia do
sistema. A campanha fíxoselle mui longa a umha personaxe que demostrou non conhecer
en absoluto os problemas e os potenciais do país, ademáis de entrar na deriva
de querer “pescar” votos en cualquer río, emulando aos partidos que xa
aburriron á sociedade. De todos xeitos, non lle perder a pista.
Así as cousas, non se dan as condicións que poderían soster
umha mudanza no governo, como mui ben apunta e desenvolve Carlos Neira Cortizas no seu blog.
O único que podemos desexar é que os deputados e os membros
do Executivo galego sexan conscientes de que son escollidos para traballar en
prol deste país e non do seu partido político, muito menos aínda para ganhar
méritos nunha suposta “escalada” interna que os leve a ocupar outra cadeira en
Madrid. E se alguén se comportara deste xeito, vendo a Galiza como un
trampolín, non o dubidemos: axudémoslle a desprazarse até aló con umha sonora
patada nas súas partes.
A 500 km, pola cornisa cantábrica, tamén terán eleccións. Mentres
viaxo no Arco, o tren que
precisamente comunica Galiza e Euskadi e que máis que polos caminhos de ferro
debera estar nun museo ferroviario, penso que alí as cousas han ser ben
distintas. EH-Bildu dará a campanada
e só os escanos de Araba (a metade máis “baratos” que os de Gipuzkoa) impedirán
que o Parlamento basco non tenha umha composición apabullantemente euskalduna.
Interesante ler a túa reflexión cando xa se saben os resultados....
ResponderEliminar