13 de dec. de 2011

Así foi 2011 (I)


Agora que se achega a fin do ano e –portanto- o momento de facer balanzo do acontecido neste 2011, quero facer un repaso do que mudou o panorama en relación ás mesmas datas do 2010. Comezo polo que considero pasos atrás ou empeoramentos da situación.

Reforma constitucional. Despois de tres décadas escoitando que a reforma da Constitución era un trámite excesivamente farragoso, pouco menos que imposíbel; no pasado mes de agosto, e pola porta de atrás, os 2 principais partidos espanhois pactan umha reforma da Lei fundamental, tan axinha que nin fomos quen de seguir os pasos no día a día. Esta reforma leva implícita umha renuncia por lei á inmunidade soberana que como Estado tinha Espanha, facendo que apartir de agora o pagamento da díbida sexa prioritario, en sacrificio do gasto social e mesmo dos recursos humáns.
  
Paro. Máis de 300.000 persoas incrementan o nível de desemprego rozando xa umha cifra difícilmente asumible. Miles de empresas –por outra parte- fecharon as súas portas neste ano. Pensemos que xa van caminho dos 5 millóns o número de espanhois que pasaron de contribuir ás arcas do Estado a percibir dos fondos públicos (ben merecidos, por suposto).

Moeda. Pasado 21 de novembro, a investigación do Credit Suisse dixo que o euro está entrando "nos seus últimos días como nós actualmente coñecemos”. O último Cumio da UE semella que evitou a ruptura da moeda única, mais a dúbida que nos asalta é a que prezo e por cuanto tempo manteremos a unidade monetaria.

Golpes de Estado encubertos. Pouco a pouco vaise extendendo polos medios de comunicación o ruxe-ruxe do desprestixio da clase política (a verdade é que eles fixeron ben por esta circunstancia). E, pouco a pouco tamén, os mercados vanse animando a saír das sombras e intervir máis nos governos dos Estados. Véxanse os exemplos palpables de Grecia e de Italia, sen conhecermos os acordos de Portugal e Espanha.

Caixas. Agora si. 2011 foi o ano no que o Estado deixou de ter banca pública. Desaparecida (malvendida) anos atrás a noutrora Caja Postal, só ficaban as caixas territoriais, que ás veces funcionaban como complemento dos “lobbies” de turno do seu territorio. Exemplos de como non se debe xestionar umha entidade bancaria tinhamos varios, aínda que tamén existían exemplos do contrario. Repasando, así de memoria, a empresa pública espanhola rendíbel fica reducida a Loterías do Estado (é de prever que por pouco tempo).

Xenera certo desacougo que nun cuarto de século Espanha perdera o control sobre a enerxía, as comunicacións e as finanzas (realmente, só nos queda o exército para poder defender a nosa soberanía)

Ameaza de regreso de Mecano. Mimadrinha...

Ningún comentario:

Publicar un comentario