16 de dec. de 2011

Así foi 2011 (e II)


E seguindo co repaso do ocurrido ao longo do ano, tamén hai lugar para aquelas cousas que abriron umha xanela á esperanza e á ilusión, ou que simplesmente aportan umha mellora na nosa cualidade de vida. Deixo para o 2012 o que será –con toda probabilidade- a mellor nova da minha vida, que se ven xestando ao longo da última metade deste ano.

15-M. Antes das eleccións municipais de maio, e froito da mala xestión policial dumha protesta cidadá, activouse a espita da indignación en Espanha. A famosa gota que enche o vaso fíxose aquí visíbel, sacando ás rúas a milleiros de cidadáns fartos de seren tratados como números e mangoneados como gando.
O que se deu en denominar movimento do 15-M medrou inventando novos xeitos de participación e de reivindicación e tendo tamén que xestionar as súas propias contradicións; porén, o eco dentro e fóra do Estado fai que poidamos falar –probablemente- do primeiro movimento social global do século XXI e mesmo asistamos no futuro a novas entradas no diccionario. De entrada, estas mobilizacións aportaron a ilusión dumha sociedade viva, esperta, informada e comprometida co seu futuro, para alén das idades, razas ou ideoloxías.

Estruturas ferroviarias. E chegou a velocidade alta a Galiza (que a Alta Velocidade aínda vai demorar uns cuantos anos). O máis importante é a modernización das vías e das estruturas ferroviarias, aínda que –polo de agora- tenhamos que nos conformar con umha cobertura ben pequena do mapa. Axilizar a comunicación através do caminho de ferro entre as cidades galegas é máis importante ca levarnos a Madrid como un raio, se de pasaxeiros falamos, porque o das mercadorías –nova ocasión perdida- non se contempla de momento.
Xa non serven os laios da ocasión tristemente perdida polos distintos governos con responsabilidades en Santiago e Madrid (eles terían que dar explicacións ao respeito) de comunicar por terra os portos galegos co centro do continente, ofrecendolle ás mercadorías que chegan de América ou África mellores condicións para chegar a Rotterdam das que gozan por mar, circunstancia esta que aportaría importantes beneficios á economía galega (e portanto, espanhola). Claro, esquecía ter en conta o factor de que os portos non están en Madrid.

2.0. Remata un ano no que a web 2.0 (e a súa evolución cara o 3.0) gozou dumha grande popularidade, facilitando a fluidez de información, a interacción e a colaboración entre os usuarios. Familiarizámonos co termo viralidade e descubrimos a súa parte máis positiva, que nos permite compartillar todo aquilo que até o de agora nos supunha un custe ou umha dificultade. Os blogs, wikis, redes sociais, aplicacións ou entornos web forman parte –cada vez con máis forza- das nosas vidas e apórtannos maior liberdade para exponher as nosas reivindicacións, inquedanzas, expresións artísticas ou todo aquilo que queiramos contarlle ao mundo, ao máis próximo e ao máis lonxano.


4 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  2. Sobre la revolución del 2.0 es bien cierto. Maravillosa descripción que pese a ser catalanes hemos entendido todas las palabras en gallego: "Os blogs, wikis, redes sociais, aplicacións ou entornos web forman parte –cada vez con máis forza- das nosas vidas e apórtannos maior liberdade para exponher as nosas reivindicacións, inquedanzas, expresións artísticas ou todo aquilo que queiramos contarlle ao mundo, ao máis próximo e ao máis lonxano." Además, nos sentimos identificados por la tarea que hacemos en nuestro blog. ¿Cómo se dice "tienes un buen blog" en gallego? Pues eso te diríamos :) :) :)

    ResponderEliminar
  3. Moltes gràcies per les vostres paraules!
    No conocía vuestro blog, aunque me parece una idea fantástica. Como veo que está abierta a la recogida de propuestas desde cualquier lugar, me animaré a haceros colocar un marcador sobre mi ciudad :-)
    Aperta desde Ourense / Abraçada des de Ourense

    ResponderEliminar