Con certa insolencia provocada por umha idade na que empezas a verte máis maduro do que realmente és, tentei explicarlle que por forza debía d
e se tratar doutra cousa, porque eu á penas podia caminhar e… "Nada, nada, te acostumbras, ya verás". Coidar do calzado, facer os exercicios precisos para mitigar as dores e… efectivamente, somos capaces de afacernos a todo o que non acaba con nós.
Así era o Willy. Un bo e xeneroso que soubo aproveitar os bos momentos e capear as adversidades, gozando de nos transmitir aos demais parte da súa inesgotable enerxía. Ah! E non era dos que quedan calados. E así nos gustaba que fora.
Hoxe enteireime de que un mal traidor nos arrebatou ao Willy, e con el á ledicia e ao vigor que agasallaba a presadas. Para alén do fondo pesar, pouco nos queda máis que dar grazas por podermos compartir o tempo e o espazo. E, por certo, como moi ben dicía, o corpo foise acostumando.
Ningún comentario:
Publicar un comentario