10 de xuño de 2012

#Rescate


Xa foi. Finalmente, como se dun mal filme de Serie B se tratara -predecíbel e ramplón- chega o rescate ao sector bancario espanhol. Pouco importaron as declaracións repetidas até a saciedade polo Executivo do Estado negando cualquer posibilidade de rescate. A realidade, máis umha vez, non se correspondeu co que nos contaban desde A Moncloa.

Contodo, o que pior corpo me deixa é algo que non por habitual me molesta menos. Trátase da circunstancia de termos que nos inteirar da actualidade política e económica de Espanha através dos medios internacionais e das redes sociais. As continuas incomparecencias do presidente dun Governo falto de ideas, rigor, criterio e credibilidade, así como as declaracións das que cuase sempre se ten que retractar -condimentadas coa sempiterna culpa da herdanza recibida polo governo anterior-, xenera en min umha forte sensación de desconfianza así como a percepción dun governo pávido e sen liderado.


Mentres onte venres 8 de xunho escoitabamos á Secretaria de Estado de Orzamentos, Marta Fernández Currás negando rotundamente que Espanha fora a pedir o rescate, podiamos ler en xornais tais como The Wall Street Journal, Financial Times, Die Welt ou a propia Axencia Reuters (pouco sospeitosos de ser do PSOE) o anuncio desta posibilidade para a fin de semana, tal e como finalmente ocorreu.

Agora toca recurrir novamente aos eufemismos. Xa escoitamos como o IVE se convertía en impostos ao consumo ou como os recortes non eran máis ca simples axustes. Despois de 6 meses de ambigüidades dun governo errático, o principal obxectivo do Gabinete do Presidente será agora evitar empregar a palabra rescate (substituíndoa por apoio financieiro á banca ou algo así) e docificar en todo momento os compromisos adquiridos. Mentres, Rajoy preferirá viaxar a Polonia para ver un partido de futebol antes que explicarlle ao seu país cual é a situación económica e política ou cuais son os novos recortes que vai ter que afrontar nos vindeiros meses, probablemente centrados nos 4 puntos que se tentan imponher desde Alemanha (pensións, prestacións por desemprego, IVE e funcionarios).

Aínda que manhá atopemos portadas curiosas (como será a de La razón), e escoitemos declaracións do Ministro de Economía (o mesmo que se atopaba na Presidencia de Lehman Brothers cuando se foi a pique) asegurando que será umha operacion vantaxosa, non debemos deixar de consultar outros medios, onde se nos asegura que España pagará os mesmos intereses polo rescate que Grecia, Irlanda ou Portugal (Reuters), ou o propio comunicado do Eurogrupo onde deixa claro que aínda faltan recortes por aplicar.

Por outra parte, e aínda que Luis de Guindos afirmou o contrario, tamén podemos comprobar no mesmo comunicado que “o FROB actuará como axente financieiro malia será o Governo espanhol quen tenha plena responsabilidade e quen asine o MoU”. O MoU non é un entrenador de futebol, senón o contrato formal no que se van explicitar as condicións e o FROB é un ente público que depende directamente do Ministerio de Economía e conta co aval ilimitado do Estado. Temos, portanto, que Europa lle vai emprestar os cuartos ao Estado, sendo este quen reparta os empréstitos entre as entidades financieiras e tendo que asumir en todo momento as amortizacións e o pagamento dos intereses do fondo de rescate.

Así as cousas, faise complicado saber de quen nos podemos fiar. Cicais o máis atinado sexa agardar ao luns e comprobar a reacción dos inversores (nomeadamente os internacionais) e a evolución das bolsas e da prima de risco, ademáis do determinante que será a vindeira subasta do Tesouro. Se a cousa non vai por bon caminho, xa poderemos ir apostando pola intervención do Estado e un programa completo de rescate.

2 comentarios:

  1. Non sei por que sorprende tanto que fose ao fútbol, xa o dixo Franco, o mellor é non meterse en política. E non vale dicir que é presidente do goberno, iso non é culpa súa, el tan só se presentou como candidato...

    O espectáculo das últimas semanas parece de Mortadelo e Filemón, absolutamente esperpéntico, son "dignos" sucesores de Zapatero. Queda claro que elixir a inútiles como presidentes non sae ben.

    ResponderEliminar
  2. A mí ya no me sorprende nada, Lois.Y mira cuando escribo esto. Ni siquiera me sorprende la actitud pasota, servil y condescendiente de un pueblo anestesiado, un pueblo al que pertenezco.

    Ahora bien, no nos equivoquemos, sí tienen ideas, y las ponen en práctica. Sí tienen rigor y criterio. Todo depende del lado en el que estemos. Si no preguntemos a los grandes capitalistas beneficiados con esta crisis.

    ResponderEliminar