Onte perguntoume se podía meter a cabeza no seu corazón para
ver aos seus avós, pois quería estar con eles… Por máis que me debandara os
miolos, eu non sería quen de expresar dun xeito tan sinxelo o que me apetece
facer por momentos.
Hoxe, a minha nai cumpriría 83 anos. Hai 6 anos que marchou
e por fin xa podo volvela ver rindo nos meus sonhos. Co ruido de fondo dos moinantes
que -día a día- ornean nos mass media empenhados en vender fume e roubarnos a capacidade de emoción, vou comprendendo que, aínda
máis importantes que as cousas que moven o mundo son aquelas que evitan que o
mundo deixe de moverse.
E así seguimos, aprendendo a cada momento a convivir coas
persoas da nosa contorna, con aquelas que están lonxe e tamén coas que se atopan aínda máis
lonxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario