26 de xul. de 2015

#QueimandoOPaís

Cuando escoito a algúns políticos (ou aos seus estómagos agradecidos en tertulias televisivas) facendo comparacións peregrinas do noso País ou do noso Estado con outros territorios da nosa contorna, non podo evitar lembrar un dos sectores nos que se basea a economía finlandesa: o monte. Alí, sector estratéxico que xenera beneficios para as arcas públicas, postos de traballo e fixa poboación no rural. Aquí, convertido no combustíbel que alimenta un dos sectores que se veu xestando nas últimas décadas e que se está levando -pouco a pouco- os nosos recursos materiais e potenciais, así como a identidade do país.

Onte, no Día Nacional de Galiza, un dos muitos lumes que acabaron con milleiros de especies vivas (animais e vexetais) e con millóns de euros públicos (sumando o que temos que gastar e o que deixamos de ingresar) tivo lugar en Alongos -Toén.

Eis algumhas imaxes do día e dos traballos de extinción.












Ningún comentario:

Publicar un comentario