Falar da marca Espanha implica a
existencia dun produto ou linha de produtos que poidan identificarse con esta
marca. O que me xenera dúbidas (realmente, o que non me encaixa de ningún
xeito) é cuais son os elementos comúns a eses produtos.
Despois de darlle muitas voltas e tentar
diagnosticar o perfil da empresa espanhola de éxito, chego a umha primeira
conclusión, aínda que non definitiva nin todo o atractiva que quiser: Os
produtos acollidos baixo esta marca deberían provir dalgumha multinacional que
tribute nalgún paraíso fiscal. Por ende, a empresa debería estar creada na súa
orixe con cuartos públicos e privatizada para ponhela nas mans dalgún amigo do
Presidente de turno. Por outra parte, a man de obra precisa para a creación do
produto sería marroquí, romanesa ou dalgún outro país no que a precariedade
laboral estexa legalizada e normalizada. Temos así un primeiro perfil
aproximativo da persoa xurídica que xeneraría o negocio; pasamos agora a pensar
con que produtos.
De entrada desbotamos os produtos máis folclóricos, tais como a bailaora flamenca ou o touro (cos televisores tan estreitinhos da actualidade, morreu cualquer posibilidade de negocio) e os cadelos de cabeza frenética par as bandexas dos automóbiles.
De entrada desbotamos os produtos máis folclóricos, tais como a bailaora flamenca ou o touro (cos televisores tan estreitinhos da actualidade, morreu cualquer posibilidade de negocio) e os cadelos de cabeza frenética par as bandexas dos automóbiles.
Tamén desbotaremos os artigos de
alimentación producidos en lugares nos que nunca se invertiu no seu
desenvolvemento (diso os galegos sabemos muito), por non termos vías de alta
capacidade para exportalos coa rapidez demandada.
E visto o visto, tamén podemos desbotar os
produtos financieiros, pois o seitor bancario espanhol ten amosado a súa
condición parasitaria do sistema público, sempre presto a asumir as súas
perdas.
Entendo que a marca Espanha tampouco debera
incluír ao seitor da moda, pois aínda recentemente recurrimos a umha marca italo-rusa
para desenhar a imaxe que queriamos transmitir ao mundo nos últimos Xogos
Olímpicos.
E, por último, entendo que tampouco
entran na marca que lle enche a boca ao sr. Margallo aqueles produtos
manufacturados noutra língua que non sexa o castellano (aínda que si sexa
espanhola), por non ser "suficientemente espanhois".
Apesar de todo, aínda hai muitas empresas
que van facendo as cousas todo o ben que poden, e mesmo acadan umha
trascendencia e un carisma internacional de primeiro orde sen trasladar o seu
enderezo fiscal ás Barbados, ás Caiman, a Miami ou a cualquer outro deses
lugares dos que ben podemos imaxinarnos o que se benefician as arcas públicas
espanholas (casos como Acerinox, Bluesens, Amadeus, Eroski, Ono, Gamesa, EyeOs...). O que xa non tenho tan claro é se a estas
empresas lles interesaría asumir os custes de imaxe que lles acarrearía umha
relación coa marca que nos ocupa.
Claro, que sempre podemos pensar que a
marca Espanha non é outra cousa que o nome co que se conhece no exterior aos
negocios do monarca, mais iso é ser mui malpensados, ou non?
Ningún comentario:
Publicar un comentario