24 de set. de 2016

#Galegas16

A participación e a concentración de voto van ter muito a dicer, máis umha vez, nos resultados duns comicios que semella non van mudar muito a paisaxe. Polo menos no que atinxe á polarización do eleitorado que se achegue ás urnas e ao fastío dumha parte moi importante das galegas e dos galegos que non van querer participar neste novo proceso eleitoral.

Entre as cousas que teremos que analizar apartir de manhá domingo están se a cidadanía galega (aquela que a sangría da emigración aínda non arrastrou fóra do país) vai pasar por alto estes anos de recortes e inacción do governo Feijóo, ou o relevante das negociacións para conformar un governo de esquerdas -no caso de que os números lles cuadren- que pedirá a berros umha reprodución semellante na Carreira de S. Jerónimo.


Pero haberá outras, de máis calado e máis interese para o pobo galego, aínda que nos mass-media ocupen decotío un segundo lugar: Un proxecto de aproveitamento dos nosos recursos, que regule a obriga de manter o domicilio fiscal no país ou o aproveitamento económico das empresas que os exploten; un plan forestal de posta en valor e aproveitamento da nosa foresta, que invirta a situación deficitaria provocada polo inxente gasto que nos xeneran cada ano os milleiros de lumes nos máis de 2 millóns de hectáreas de monte; umhas políticas de inversión na saúde, educación e benestar da cidadanía galega, por enriba doutros elementos financieiros...
O seitor pesqueiro, o cerco; o naval; o seitor lácteo; o termalismo (non o pailanismo); o desenho téxtil; a lousa; a atención ás persoas con dependencia; as comunicacións terrestres; o rural; o patrimonio (material e inmaterial); a lingua... a nosa lingua...

Talvez se foramos a votar...
Talvez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario